Ana Ortiz participa no lazo humano celebrado en Vigo polo Día Internacional do Cancro Infantil

A iniciativa, organizada por Asanog e El Corte Inglés, reuniu a decenas de persoas na Gran Vía de Vigo
LAZO HUMANO CELEBRADO EN VIGO NO DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL
Ana Ortiz participa no lazo humano celebrado en Vigo polo Día Internacional do Cancro Infantil
17 Feb 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este sábado no lazo humano dourado organizado na cidade con motivo do Día Internacional do Cancro Infantil. A acción foi promovida pola Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (Asanog) e El Corte Inglés, co obxectivo de visibilizar a loita dos nenos e nenas que enfrontan esta enfermidade.

“Este lazo dourado que formastes hoxe é a imaxe da sensibilidade que Vigo ten cara a eses nenos e esas familias que se enfrontan a un momento tan duro e complicado”, sinalou Ana Ortiz ao finalizar o evento.

O acto, celebrado na Gran Vía de Vigo, contou coa participación de empregados dos grandes almacéns, membros de Asanog e decenas de cidadáns que quixeron sumarse á iniciativa.

O lazo dourado simboliza o cancro infantil, comparando a fortaleza e resistencia dos nenos coa do ouro, un metal precioso e indestrutible.

0.11933302879333