Aplazado polas condicións meteorolóxicas o concerto de Antonio Barros en San Amaro

O concerto, que debía celebrarse onte pola noite na Praza da Igrexa, xa ten nova data
Concierto Antonio Barros San Amaro Aplazado
24 Aug 2026

O concerto 'O Camiño de Vieiras Amarelas', previsto para onte pola noite na Praza da Igrexa de San Amaro, tivo que ser aprazado debido ás malas condicións meteorolóxicas. Ante as previsións de choiva para esa tarde, a organización optou por posposer a actuación por precaución.

Tras falar con Antonio Barros, xa se fixou unha nova data para que os veciños poidan gozar desta esperada cita musical: será o venres 4 de setembro, ás 21.00 horas, na Praza da Igrexa de San Amaro.

Desde a organización agardan que o tempo acompañe nesta ocasión e que por fin se poida vivir unha noite de verán con boa música e bo ambiente. Ademais, piden desculpas polas molestias ocasionadas e convidan a todos a acudir á nova cita do 4 de setembro.

0.23415303230286