Aprobada a proposta do PSdeG para suministrar avituallamento ao persoal do SPIF

Esíxelle á Xunta que garanta “comida suficiente, auga e descansos adecuados” a todo o persoal que participa da extinción de incendios
servizo-galego-de-prevención-e-defensa-contra-incendios-(SPIF)-Becerreá
23 Oct 2026

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe parcialmente unha proposta do Grupo Socialista para esixirlle á Xunta que garanta auga e comida para o persoal do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios -SPIF-. A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, presentou esta iniciativa logo da denuncia dos profesionais, que este agosto tiveron que asumir xornadas de ata 12 horas sen recibir avituallamento ou con apenas “un anaco de pan e unhas poucas lonchas de chourizo”.

Dacostsa tildou de “insulto” as condicións leoninas impostas dende o goberno galego para os e as profesionais do SPIF e presentou unha proposición non de Lei para esixir “condicións de traballo dignas e seguras” para este persoal. Considera “absolutamente inaceptable” que o goberno galego teña sido incapaz de garantir a alimentación e hidratación do persoal destes dispositivos.

A proposta aprobada reclama auga e comida “en cantidade e calidade axeitadas” a través dun protocolo único de avituallamento para todo o persoal do SPIF “que garanta durante as intervencións e prolongacións de xornada unha alimentación suficiente, equilibrada, segura e adaptada ao esforzo e ás condicións de traballo”. Tamén reclama a incorporación da planificación do avituallamento e os descansos nos protocolos de prevención de riscos laborais do servizo.

Esixiulle á Xunta que “garanta comida suficiente, auga e descansos adecuados” a todo o persoal que participa nunha tarefa fundamental de alta esixencia como é a extinción dos incendios, incluíndo bombeiros forestais, condutores de motobombas, axentes, técnicos e demais profesionais. Advertiu que “non se pode falar de modernización, da incorporación de novos medios ou da mellora da capacidade de resposta e deixar sen resolver a alimentación e a hidratación”.

Sinalou que “son os propios profesionais os que están reclamando solucións” e denunciando a “insuficiencia e a falta de control no avituallamento”, tal e como sucedeu nos incendios de 2017, nos do ano de 2025 e no pasado mes de agosto. Advirte que este mesmo ano tiveron que realizar unha recollida de sinaturas nas bases do servizo para reclamar algo tan básico como a comida e a auga para exercer un traballo “de enorme esixencia física” en condicións adecuadas.

Sen embargo, o PP deixou fóra do acordo reclamarlle ao goberno galego que presente no Parlamento de Galicia un informe sobre o sistema de avituallamento do SPIF durante a campaña de alto risco de incendios deste ano. Dacosta esixía coñecer os recursos económicos destinados, os mecanismos de contratación e distribución, así como as incidencias rexistradas e as medidas para corrixilas.

0.40369606018066