As Festas de Ourense comezan esta noite  cun espectáculo de drons e o pregón a cargo de Rober Bodegas

Consulta a programación completa das Festas de Ourense 2026
fogos-artificiais-festas
17 Jun 2026

As festas de Ourense arrincan esta noite na contorna da Ponte Romana cun programa que combinará música, pregón e un espectáculo de drons como acto central da xornada inaugural.

A programación comezará ás 21:00 horas na Ponte Romana, coa actuación da orquestra Magma, que se prolongará ata as 22:30 horas. Ás 22:30 horas terá lugar o pregón, a cargo de Rober Bodegas, tamén na Ponte Romana. Xa ás 23:00 horas está previsto o espectáculo de máis de 150 drons, que dará paso a unha nova actuación da orquestra Magma a partir das 23:20 horas, ata a 01:00 horas.

Ademais, desde as 17:00 horas abrirá na contorna da Ponte Romana o mercado medieval, que funcionará diariamente de 11:00 a 01:00 horas, agás o domingo, cando pechará ás 22:00 horas. Pola súa banda, no Parque da Ribeira de Canedo haberá unha xincana de inchables acuáticos desde as 17:00 horas (mércores, xoves e venres de 17:00 a 20:00; sábado e domingo de 11:30 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas).

Por último, no Parque Barbaña funcionarán atraccións de feira con diferentes horarios segundo o día: mércores, xoves e venres de 19:00 a 02:00 horas; sábado desde as 17:00 ata as 02:00 horas; e domingo desde as 17:00 ata as 23:00 horas.

PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DE OURENSE 2026

Con motivo do espectáculo de drons, o mércores 17, momentos antes das 23:00 horas, realizaranse cortes puntuais nos accesos na rotonda de acceso centro coa N-120, desviando o tráfico pola rúa Castro Canseco, e na estrada N-120 á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, con desvío pola rúa Díaz de la Banda.

Tamén haberá cortes polo desenvolvemento das atraccións festivas no Paseo Ponte Pedriña e na rúa Portocarreiro desde o mércores 17 ata o venres 19 a partir das 19:00 horas, adiantándose ás 17:00 horas o sábado 20 e o domingo 21.

Por último, permanece pechada ao tráfico a rúa Pardo de Cela no tramo entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do Mundo debido á instalación dos escenarios, ata o luns 22 tras a desmontaxe.

0.41159391403198