O Atlantic Fest celebra o seu décimo aniversario con grandes artistas

O festival celebrarase os días 17, 18 e 19 de xullo na Praia da Concha de Vilagarcía de Arousa
Franz Ferdinand
4 Dec 2025

O Atlantic Fest celebra o seu décimo aniversario este 2026 cun primeiro avance de cartel que promete unha edición memorable. Franz Ferdinand, Two Door Cinema Club, Nacho Vegas e Carlos Ares son as primeiras confirmacións dun festival que se celebrará os días 17, 18 e 19 de xullo na Praia da Concha, en Vilagarcía de Arousa.

O recinto principal abrirá as súas portas o venres 17 e o sábado 18, con dous escenarios: o Galicia Calidade, grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia no marco de Concertos do Xacobeo, e o Vibra Mahou, dedicado ás mellores sesións de DJs. O domingo 19, este último trasladarase ás rúas da cidade, completando tres días de música, natureza, gastronomía e convivencia.

⚙ Configurar cookies
0.23770999908447