Caballero confirma o acendido do Nadal para o sábado e bromea coa choiva

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este mércores que o acendido oficial do Nadal terá lugar o sábado 15 de novembro, cando se iluminará a árbore xigante da Porta do Sol e o conxunto das luces que decoran a cidade. “A partir dese momento arranca o Nadal neste planeta”, asegurou o rexedor.
Caballero explicou que o evento será “arredor das 8 da tarde”, aínda que non concretará a hora exacta ata o venres, un día antes, co obxectivo de poder escoller “o momento de menor chuvia” segundo a previsión meteorolóxica.
En clave máis distendida, o alcalde animou á cidadanía a asistir mesmo se chove:
“Se hai chuvia levaremos paraugas de cores para facer xogo coas luces do Nadal de Vigo. Imos facer un acendido magnífico e espléndido”.
O Concello continúa así coa conta atrás para unha das citas máis mediáticas do ano, que cada edición congrega milleiros de visitantes na Porta do Sol e marca o inicio da campaña navideña na cidade.