Cancelado o concerto de Miguel Ríos nas Festas de Ourense tras sufrir un accidente doméstico

O artista presenta un leve traumatismo cranial e deberá gardar repouso, polo que o Concello anunciará nas vindeiras horas a súa substitución no concerto previsto para este venres
miguel-rios
18 Jun 2026

O cantante Miguel Ríos non poderá participar nas Festas de Ourense 2026 despois de sufrir un accidente doméstico que lle provocou un leve traumatismo cranial.

Segundo o comunicado remitido, o cantante evoluciona de forma favorable, pero os servizos médicos recomendaron que garde uns días de repouso, o que lle impide actuar no concerto programado para este venres.

A administración local sinala que nas próximas horas darase a coñecer o artista ou formación que o substituirá no concerto previsto para este venres ás 22:00 horas.

Pola súa banda, no comunicado oficial de Miguel Ríos explícase que o accidente produciuse onte e que, tras a valoración médica, se lle indicou repouso, motivo polo cal debe suspender a actuación prevista en Ourense. O equipo do artista expresa o seu pesar pola situación e agradece a comprensión do público, así como o apoio recibido. Tamén avanza a intención de comunicar nos próximos días unha posible reprogramación das datas afectadas e traslada o desexo do cantante de reencontrarse co seu público o antes posible.

0.47448205947876