Carlos Núñez levará a súa xira de verán ao Pazo de Sober

A Ribeira Sacra súmase de novo, un verán máis, ao percorrido estival do músico galego, que actuará no Pazo de Sober o vindeiro 20 de agosto ás 20.00 horas
carlos_nuñez_sober
17 Aug 2026

A Ribeira Sacra volve formar parte, un verán máis, da xira estival de Carlos Núñez. O músico galego percorre cada ano distintos puntos de Galicia cos seus concertos de verán, e nesta edición incluíu unha nova cita en terras da Ribeira Sacra.

O escenario escollido para esta parada será o Pazo de Sober, que o vindeiro 20 de agosto, a partir das oito da tarde, acollerá ao artista para ofrecer un novo concerto dentro deste circuíto estival que percorre distintos enclaves da comunidade.

Quen desexe asistir á cita xa pode facerse coas súas entradas, que están á venda a través da plataforma Ataquilla, onde os interesados poden consultar a dispoñibilidade e proceder á súa compra de cara a esta nova actuación do músico galego na comarca.

0.30551505088806