CCOO e UGT inician en Santiago unha campaña en defensa do dereito á dependencia

A concentración en Santiago será a primeira dunha serie de mobilizacións previstas no marco desta campaña a nivel estatal
concentracion-pensionistas
4 May 2026

A Federación de Pensionistas de CCOO de Galicia e a Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT-Galicia concentraranse mañá, martes 5 de maio, ás 11:00 horas, diante da sede da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela). Esta mobilización supón o punto de partida da campaña estatal «A dependencia é un dereito».

Ambas organizacións sindicales alertan de que a situación da dependencia en Galicia é especialmente preocupante, ao considerar que existe un baixo nivel de investimento por parte da Xunta —o máis reducido do conxunto do Estado— e un modelo de xestión que cualifican de “privatizador”. Neste contexto, tamén solicitaron unha reunión coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para analizar a situación e buscar respostas.

Os colectivos de pensionistas reclaman a implicación da cidadanía na campaña e sintetizan as súas demandas en seis eixos principais: incremento do financiamento tanto estatal como autonómico para a atención á dependencia; aumento do persoal en todas as fases do proceso, desde a tramitación ata a atención directa; prestación dos coidados a través de servizos profesionais; redución do copagamento; creación de máis prazas en residencias públicas; e a reversión do plan da Xunta de Galicia para simplificar o acceso aos sistemas de dependencia e discapacidade.

A concentración en Santiago será a primeira dunha serie de mobilizacións previstas no marco desta campaña a nivel estatal.

0.28659892082214