Chega a Salcedo a Semana Cultural San Ramón

GaliciaXa
Comeza a conta atrás para a Semana Cultura San Ramón, que se celebra en Salcedo cunha chea de actividades divulgativas e lúdicas.
pobra brollón ruta castaña
pobra brollón ruta castaña
23 Ago 2021

Comeza a conta atrás para a Semana Cultural San Ramón, que se celebra en Salcedo cunha chea de actividades divulgativas e lúdicas para todas as idades. Unha semana repleta de charlas, obradoiros, proxeccións... que culminará co concerto de Ale Gmusica o domingo diante da Nave.

Así pois, as actividades celebraranse dende o 24 ata o 29 de agosto. O día 24 a xornada comezará co obradoiro infantil Na procura do lume, que se celebrará ás 18 horas. A continuación, ás 20 horas, realizarase a proxección da Aldea circular I. Ao día seguinte, o mércores 25 ás 18.30 horas farase unha andaina a Penas do Castelo, en Salcedo.

O xoves 26 realizarase unha actividade sobre a identificación de paxaros, que virá da man de Nacho Munilla. A actividade levarase a cabo ás 20 horas na Cantina de Julia. O 27 de agosto, o arqueólogo Martiño X. Vázquez fará unha charla sobre o Castrillón na Salanova.

Xa na fin de semana, ás 11 horas será o turno do obradoiro infantil Taladros prehistóricos, que se celebrará na nave. Ás 12 horas proxectarase a película A aldea circular II. Para concluír con estas xornadas, Ale realizará un concerto o domingo 29 ás 20 horas.

A Semana Cultural desenvólvese no marco do proxecto de Penas do Castelo - Arqueoloxía de Aldea, unha iniciativa da AV De Salcedo, Comunidade de Montes e Concello. As actividades son de balde e hai que reservar previamente por WhatsApp no número de teléfono 650 624 828.

cartel semana cultural san ramon
0.08251690864563