Comando Curuxás estará en concerto este sábado na casa de Manuel María

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 11, ás 20 horas, un concerto de Comando Curuxás. Hai que reservar.
COMANDO CURUXAS
7 Dec 2021

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 11, ás 20 horas, un concerto de Comando Curuxás. A banda, formada por Alberto Núñez ao acordeón diatónico, Pablo Pardo Pacior na frauta traveseira de madeira e saxo soprano, Miguel Anxo López nas percusións, Pablo Pascual ao clarinete baixo e Serxio Núñez ao clarinete, pandeiro gaita e voz, ten un son que lembra ás antigas romarías, e soa coa intención de que o público se divirta, que goce coa súa música e que baile.

Comando Curuxás tirou o seu primeiro traballo discográfico en 2020. Fandangos, rumbas, xotas, muiñeiras e outros ritmos bailábeis compoñen un traballo para o desfrute de todas e todos.

Para asistir ao concerto cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Billete: 5 euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13200211524963