Concerto de rap galego na casa museo de Manuel María

GaliciaXa
A banda de rap galega SonDaRúa estará este sábado, día 30, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María en concerto.
sondarua portada
sondarua portada
26 Out 2021

A banda de rap galega SonDaRúa estará este sábado, día 30, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María, cun concerto onde soarán os temas do seu último traballo, Eterno combate.

O grupo ponteareán, formado Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces e That Bass como DJ, reproduce neste disco de longa duración (doce temas), que presentará en Outeiro de Rei, o seu propio estilo, que sempre bebe da ironía, da musicalidade e da tradición oral galega combinado co hip hop reivindicativo, de crítica social e política. Eterno combate, editado en 2020, contou coas colaboracións, entre outros, de Skandalo GZ, Navia Rivas e Ezetaerre. Eis un videoclip do tema que lle dá título ao traballo https://www.youtube.com/watch?v=yMgK0xgcNT0

Para poder asistir a este espectáculo é necesario reservar previamente (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.

sondarua casa museo manuel maria
0.18964600563049