Contornos pode verse en Pontedeume
O centro de interpretación PN Fragas do Eume de Pontedeume acolle dende este domingo e ata o 12 de setembro, a exposición Contornos.
3 Aug 2021
O centro de interpretación PN Fragas do Eume de Pontedeume acolle dende este domingo e ata o 12 de setembro, a XIII exposición itinerante de madeira torneada, Contornos, que corresponde as edicións 2019-2021.
A mostra conta coas pezas de madeira máis representativas polo seu traballo, que se fixeron e expuxeron en primeiro lugar na Feira de Torneiros que se celebra anualmente en Xermade e que o ano pasado non puido celebrarse de forma presencial pola covid.
Este ano a convocatoria da feira está prevista para a fin de semana do 17 ao 19 de setembro, que será a edición número XXI.