Convocada unha manifestación nacional en Compostela baixo o lema “Galiza con Palestina. Resistencia, Liberdade e Paz”

Será este domingo 4 de outubro, ás 12:00 horas, con saída da Alameda compostelá
bandeira-Palestina-BNG-Lugo
3 Oct 2026

Galiza por Palestina e Galiza pola Paz, que aglutina máis de 30 organizacións, entidades e colectivos do tecido social galego, convocan unha manifestación nacional, baixo o lema “Galiza con Palestina. Resistencia, Paz e Liberdade”, que terá lugar o vindeiro domingo, día 4 de outubro, ás 12:00 horas, en Compostela.

A mobilización coincide co terceiro ano do xenocidio en Gaza e co primeiro ano da asinatura do mal chamado "Plan de Paz" de Trump. Un período no que esta “paz” sobre Gaza non paralizou os bombardeos sobre a faixa, non permitiu a entrada de axuda humanitaria, non restituiu os dereitos da poboación palestina local e nin sequera iniciou os traballos de reconstrución das áreas arrasadas por Israel.

As plataformas convocantes fan un chamamento a participar nesta marcha para denunciar o xenocido que padece o pobo palestino. Unha causa que hoxe continúa a ser a máis urxente e maior das causas da humanidade.

0.28478002548218