Custodia do Territorio organiza unha charla on line sobre conservación de bolboretas

GaliciaXa
Guillem Mais, biólogo e técnico de Paisatges Vius, dirixirá unha actividade sobre a Creación de microrreservas para bolboretas ameazadas.
bolboretas custodia portada
bolboretas custodia portada
18 Feb 2021

Este venres 19, ás 19:00 horas, Guillem Mais, biólogo e técnico de Paisatges Vius, dirixirá unha actividade sobre a Creación de microrreservas para bolboretas ameazadas a través da custodia do territorio.

Trátase dunha actividade on line que se desenvolverá dentro do proxecto Reservas Vivas, co apoio da Fundación Biodiversidade, co que están a difundir a custodia do territorio como ferramenta participativa para a conservación do patrimonio natural en 4 reservas da biosfera de Lugo, Asturias e León. Esta é a segunda ponencia on line que celebran.

Os interesados en inscribirse poden facelo no seguinte enlace: http://www.custodiadoterritorio.org/actividades

bolboretas custodia
0.072694063186646