Descende o número de demandas de ruptura matrimonial respecto ao 2025 en Galicia

Os tribunais de instancia da comunidade rexistraron entre abril e xuño 402 divorcios non consensuados, fronte aos 356 do ano anterior
justicia_xustiza_recurso
19 Oct 2026

No segundo trimestre de 2026 rexistráronse en Galicia 1.140 demandas de ruptura matrimonial (separacións, divorcios e nulidades), fronte ás 1.154 do mesmo período do ano pasado, o que supuxo un descenso do 1,2 %. A nivel estatal, apenas variaron -un 0,4 % máis-.

Por cada 100.000 habitantes, contabilizáronse, no período estudado, 42 demandas, fronte ás 43,6 de media estatal, o que a sitúa como a sexta comunidade con menor número de rupturas, por detrás de Aragón (41,8), Navarra (40,5), Madrid (38,3), País Vasco (37) e Castela e León (34,2).

En concreto, os tribunais de instancia da comunidade rexistraron entre abril e xuño 402 divorcios non consensuados, fronte aos 356 do ano anterior, é dicir un 12,9 % máis, e 12 separacións contenciosas, o que representa un aumento do 9,1 %.

Por outra banda, contabilizáronse 693 divorcios consensuados, un 9,3 % menos, e 33 separacións consensuadas, o que supón un aumento do 43,5%.

No período analizado presentáronse 164 demandas de modificación de medidas consensuadas, o que representa unha baixada do 20,8 %. O número de demandas de modificación de medidas non consensuadas, 399, tivo unha variación á alza do 3,6 %.

As modificacións de medidas de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais consensuadas, 295, mostraron unha subida interanual do 2,1%, mentres que as non consensuadas, 274, aumentaron un 3 %.

Os datos estatísticos correspondente ao segundo trimestre de 2026 e as series completas desde 2007 están dispoñibles na seguinte dirección:

https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Estadistica-Judicial/Estudios-e-Informes/Demandas-presentadas-de-nulidades--separaciones-y-divorcios/

 

0.40168404579163