Dezaoito compañías percorrerán os vieiros da sétima edición de Camiño Escena Norte

O programa de intercambio cultural celebrarase do 12 de setembro ao 26 de outubro con espectáculos de teatro, danza e novo circo en seis comunidades, incluíndo a nova incorporación de A Rioxa.
CEN 2025
26 Jun 2025

Sementar, coidar, xermolar. Así sintetiza a súa historia Camiño Escena Norte (CEN), o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participan compañías de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa. Na súa sétima edición, que se celebrará do 12 de setembro ao 26 de outubro, o Itinerario Constelacións contará con 18 compañías que ofrecerán espectáculos e actividades en escenarios situados polos distintos territorios que conforman o proxecto. En 2025, ademais da xa anunciada incorporación da escena rioxana, o programa estrea FOCOS, unha proposta de actividades de dinamización sectorial e promoción exterior dun dos territorios participantes, e que nesta primeira edición protagonizará Cantabria.

Os 18 espectáculos que formarán parte do Itinerario Constelacións, eixe central do CEN, foron seleccionados por seis comisións profesionais independentes de axentes do sector, unha en cada comunidade implicada, co obxectivo de que o programa mostre parte da mellor produción escénica profesional dos seis territorios.

Nesta sétima edición, Galicia estará representada por Chévere, Paula Quintas Cía. e Pérez & Fernández. Ademais, o catálogo CEN 2025 incluirá 36 espectáculos seleccionados como recomendados para distribución profesional.

FOCO Cantabria será outra das novidades, cun programa profesional que inclúe o Encontro Habitación Peregrina PRO en Santander. Isabel de la Sierra asina a imaxe da edición, que busca transmitir a emoción e transformación da arte escénica a través dunha proposta visual contemporánea.

⚙ Configurar cookies
0.30094695091248