Eloína Ingerto toma posesión como nova directora de promoción da Igualdade

Naceu en Pedrafita do Cebreiro no 1976, é graduada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolveu gran parte da súa carreira nos servizos sociais comunitarios
eloina-ingerto-igualdade
2 Jun 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, presidiu esta mañá, no salón grande do Complexo administrativo de San Caetano, a toma de posesión de Eloína Ingerto como nova directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia.

Eloína Ingerto naceu en Pedrafita do Cebreiro no 1976, é graduada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolveu gran parte da súa carreira nos servizos sociais comunitarios e no terceiro sector; ao tempo que tamén exerceu de titora docente na Universidade Nacional de Educación a Distancia.

A nova directora xeral de Promoción da Igualdade ocupou ata agora o cargo de directora xerente da Fundación pública galega para o apoio ao exercicio da capacidade xurídica (Funga). Previamente, fora directora territorial da Fundación JuanSoñador en Galicia e presidenta da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia).

0.35160613059998