Enfermeiras galegas inician mobiliacións fronte ao Sergas esixindo melloras para as de hospitalización

Para o Sindicato de Enfermería urxe que estas profesionais teñan un recoñecemento laboral e económico
mobilizacion-enfermeiras-satse
1 Oct 2026

As enfermeiras xa non calamos, con este lema, os representantes do Sindicato de Enfermaría SATSE en Galicia levaron hoxe as súas protestas á Consellería de Sanidade e ao Sergas ante unha falta de recoñecemento para as enfermeiras de hospitalización.

Reclaman unhas melloras do cadro de persoal ante unhas ratios moi lonxe das recomendación, tanto da OMS coma de outros organismos oficiais, pois Galicia está peor ca media estatal; cando a media española, xa de por si, está na cola de países membros da OCDE, con 5,33 profesionais por 1000 habitantes. En Galicia son necesarias arredor de 7600 enfermeiras para chegar á media europea. As ratios axeitadas representan unha maior supervivencia, menor mortalidade e morbilidade, menos reingresos e estancias máis curtas.

En canto a melloras retributivas, para SATSE débese optimizar o complemento específico das enfermeiras de hospitalización; este complemento reflicte a dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade, sendo a nosa comunidade a que peor paga este concepto, segundo as táboas salariais de todo o territorio.

As enfermeiras nos hospitais galegos, dada a demostrada infradotación e elevadas cargas, e que teñen alcanzado un alto nivel de especialización científico-técnica, alta competencia e responsabilidade, gran exposición a riscos laborais e turnicidade elevada, deben ver aumentado este concepto sen ningún xénero de dúbidas.

Outro punto no que resulta imprescindible mellorar, é a retribución da xornada de gardas para atender as urxencias nos servizos de hemodinámica, radioloxía intervencionista, hemosperfusión ou endoscopias dixestivas, onde as enfermeiras cobran 6,50 euros a hora por estar dispoñibles para o Sergas, sen recoñecerse cando acuden ao hospital para atender emerxencias. Eses servizos requiren un nivel de preparación específico, así como habilidades e coñecementos que non poden ser retribuídos a un prezo hoxe en día ridículo.

As enfermeiras esixen ademais unha maior autonomía no seu exercicio diario nas unidades e Servizos, como na prescrición e modificación de medicamentos, pois, lembremos existe un decreto que ampara esta práctica, pero que na realidade dos hospitais do SERGAS, estas non poden nin modificar ou conciliar o horario dun tratamento sen a intervención do médico, sendo isto un anacronismo
incomprensible.

É por estes motivos principais que dende SATSE consideramos que non se pode consentir máis que continúe a falta de recoñecemento para a enfermaría galega, onde o conselleiro demostra unha clara priorización de melloras cara ao colectivo médico, deixando as enfermeiras dos hospitais, na sombra doutro século.

0.45884490013123