Equigal, o Salón Internacional do Cabalo de Galicia, dará comezo en outubro

Equigal, o Salón Internacional do Cabalo de Galicia, abrirá  as súas portas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 2 ao 17 de outubro.
equigal raza arabe
29 Sep 2021

Equigal, o Salón Internacional do Cabalo de Galicia, abrirá  as súas portas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 2 ao 17 de outubro de 2021.

As xornadas da primeira fin de semana serán as do Concurso Morfolóxico de Cabalo Pura Raza Árabe, e serán o sábado 2 de outubro ás 10.00 horas co certame morfolóxico de potros e potras e ás 16.30 horas será o de cabalo e eguas.

O domingo 3 serán os campionatos de yearling potros, yealing potras, potros, potras, eguas e cabalos, e ás 12.00 horas daranse os premios valorados en máis de 4.000 euros.

A seguinte fin de semana será o Concurso Morfolóxico de cabalo Pura Raza Española, o domingo 10 a exhibición de Cabalo Pura Raza Galega, e a seguinte fin de semana o Concurso Nacional de Salta de Obstáculos.

CartelEquigal_Arabe2020 A3 600x849
0.1123571395874