Escogen los premios de la Cultura Gallega 2026

Recaeron en María Solar, Almudena Fernández Fariña, Elefante Elegante, Asociación Galega de Empresas Musicais, Alfonso Zarauza, Espazo Lectura, Obradoiro de Gaitas Seivane e o Festival EmigraSON
premios-da-cultura-galega
16 Oct 2026

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.

Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:

  • Letras: María Solar
  • Artes Visuales: Almudena Fernández Fariña
  • Artes Escénicas: Compañía Elefante Elegante
  • Música: Asociación Galega de Empresas Musicais
  • Audiovisual: Alfonso Zarauza
  • Lengua: Espazo Lectura
  • Patrimonio Cultural: Obradoiro de Gaitas Seivane
  • Proyección exterior: Festival EmigraSON

Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral da Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto López; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad; o presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; a secretaria do Consello da Cultura Galega, Paula Cabaleiro, e María López Sández, en representación do presidente da Real Academia Galega. Tamén integraron o xurado a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve; a directora da Fundación Pública Camilo José Cela, María Jesús Martínez; a directora xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, Concepción Pombo, e a comisaria de arte Pilar Corredoira. Ademais, exerceu como secretaria Marta Bermúdez, xefa de servizo dos Centros Museísticos da Xunta.

Con estes galardóns, a Xunta distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.

0.35477900505066