Exposicións, concursos e degustacións no Expolugo 2021 A Rural

Os días 2 e 3 de outubro terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos, Expolugo A Rural, que contará con exposicións, concursos e degustacións
Expolugo 12021 CartelA3 768x1086
30 Sep 2021

Os días 2 e 3 de outubro terá lugar, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Expolugo A Rural 2021 que contará con exposicións, concursos, degustacións e o Memorial Luciano Sánchez, no que se conceden premios aos gandeiros propietarios dos mellores exemplares de raza Rubia Gallega en ata seis categorías diferentes.

O evento comezará o sábado 2 ás 11.00 horas co Curso de xuíces ganderios Raza Rubia Gallega, para seguir despois cunha ponencia sobre esta raza e outra sobre os aspectos que o consumidor debe saber de produción e consumo de carne.

Xa ao mediodía será a degustación profesional de produtos galegos de calidade.

Durante os dous días será a exposición de animais de razas autóctonas de Galicia e agroalimentaria e de artesanía.

PROGRAMA

Sábado 2 de outubro
11:00h.-14:30 h. XIII Curso de xuíces ganderios Raza Rubia Gallega (Ciclo formativo da Escola de Xuíces da Raza Rubia Gallega)
11:00h.-12:00 h. Ponencia Rubia Gallega “Características da raza e funcionamento do Libro Xenealóxico”, impartido por Laura Arias.
12:10 h. – Inauguración Oficial
12:00 h.-13:00 h..- Ponencia “Aspectos que o consumidor debe saber de produción e consumo de carne”, impartido por Daniel Franco Ruiz, Xefe de investigación Agroalimentaria do Centro Tecnolóxico da Carne
13:00 h. -14:30 h.- Degustación Profesional de Produtos Galegos de Calidade

Domingo 3 de outubro

12:15 h. -13:00 h. Constitución da Comisión Técnica da organización de Expolugo A Rural.
13:00 h. -14:30 h. Degustación Profesional de Produtos Galegos de Calidade

Durante os dous días

11:00-21:00 Exposición de Animais de Razas Autóctonas de Galicia
11:00-21:00 Exposición Agroalimentaria e de Artesanía

Expolugo2021 CartelA3 768x1086
0.10708212852478