Festival de maxia en Monforte o luns 9 de agosto
GaliciaXa
Monforte de Lemos celebra un Festival de Maxia para todos os públicos que se levará a cabo este luns 9 de agosto.
8 Ago 2021
Monforte celebra un Festival de Maxia para todos os públicos que se levará a cabo este luns 9 de agosto a partir das 20.15 horas no Edificio Multiusos, e cun aforo reducido debido ó estado actual de pandemia.
A Gala de Maxia está encabezada polo Mago Rafa, e xunto a el actuarán diferentes magos que sorprenderán ó público coa súa arte. En concreto os magos que actuarán serán, ademais do Mago Rafa, Dani Polo, Mago Iago e Roberto Lolo.
A entrada é gratuíta para todos os públicos, ata completar a capacidade do edificio seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación, e poderán ser retiradas no Multiusos dende as 19 horas. A entrada ó salón de actos realizarase ás 19.50 horas.