Fixe Trío actuará este sábado na Casa-Museo Manuel María

GaliciaXa
O grupo musical Fixe Trío estará este primeiro sábado de abril día 2, ás 20.00 horas, na Casa-Museo Manuel María.
festa filloa da bana portada
30 Mar 2022

Este sábado, día 2 de abril, ás 20.00 horas, a formación Fixe Trío, subirá ao cenario do auditorio da Casa-Museo Manuel María para interpretar ao público asistente pezas do seu traballo Sempre Fixe, así como das súas últimas e recentes composicións. Será unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións orixinais e temas populares arranxados e interpretados co seu son particular. 

O grupo conformado por Xela Conde (voz e instrumentos varios), Blanca Marigómez (cello e voz) e Joel Fontán (guitarra e voz) nace da vontade de xerar un espazo onde poder expresar inquedanzas e desexos a través da música. Veñen de ámbitos culturais diversos e partillan a idea da música como canle de expresión e comunicación libre e transgresora. 

Os instrumentos principais deste trío son a voz, o cello e a guitarra, e tamén aparecen outros timbres como violíns, frautas e diversos instrumentos de percusión. Con eles e cunha escenografía coidada crean un ambiente acolledor que convida ao público a participar dos seus emocionantes concertos. 

Para asistir ao concerto é necesario reservar previamente escribindo un email a contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698 177 621.

0.16098690032959