Forcarei celebrará o 5 de decembro a primeira Feira Monográfica da Castaña e do Souto

Forcarei acollerá o sábado 5 de decembro de 2026 a primeira edición de OURIZO, Feira Monográfica da Castaña e do Souto, unha cita dedicada á castaña, ao castiñeiro e á cultura do souto.
O certame nace coa vontade de poñer en valor un produto e unha paisaxe que forman parte da identidade de Galicia, así como de crear un espazo de encontro arredor da cultura do souto.
O nome da feira, OURIZO, fai referencia á envoltura espiñenta que protexe a castaña no castiñeiro e foi escollido como símbolo dunha iniciativa que pretende coidar e dar valor ao patrimonio propio.
A organización está a ultimar o programa de expositores e actividades, que se dará a coñecer nos vindeiros días.
A primeira edición de OURIZO terá lugar en Forcarei (Pontevedra) o sábado 5 de decembro.