Galicia Ilusiona regresa este 2026 coa actuación de seis figuras internacionais en oito cidades

Tras catro edicións, o evento converte a comunidade en referente da maxia do 20 de novembro ao 13 de decembro
presentacion-festival-galicia-ilusiona
9 Nov 2026

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, participou esta mañá na presentación da quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026.

Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores.

A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.

Galicia Ilusiona conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e consolídase como unha das grandes citas culturais e de entretemento do calendario galego, contribuíndo á promoción de Galicia como destino de referencia para grandes eventos culturais.

0.65444302558899