Hipócrita Teatro continúa esta fin de semana a súa programación

Hipócrita Teatro retoma a programación, no seu local da rúa Doutor Gasalla, cunha nov función para público adulto este sábado.
teatro cet back
24 Sep 2021

Hipócrita Teatro continúa a programación, no seu local da rúa Doutor Gasalla, do Circuíto Galego de Teatro Amador promovido pola Fegatea co apoio da Consellería de Cultura.

Trátase de 4 pezas de teatro que exploran códigos e xéneros ben distintos, dende o drama á parodia pasando pola comedia. Dúas das funcións xa se celebraron e queda unha para este sábado ademais da prevista para o domingo, que foi adiada.

Todas as funcións teñen lugar ás 19 horas e o prezo da entrada é de 3 euros. As entradas poden reservarse a través da web de Hipócrita ou adquirirse na billetería dende unha hora antes.

Este sábado representarase a obra Que familia! de Atrezo Teatro. Trátase dunha peza escrita e dirixida por Chelo Pampillón que aborda o papel dos maiores na familia e plantexa un dilema moral: "hai xente que resulta prescindible na sociedade na que vivimos?" A función será o sábado ás 19 horas.

Por outra banda, a función prevista para o domingo 26, que corría a cargo de Hipócrita Teatro coa estrea da obra Casting, tivo que ser adiada por problemas de saúde dunha das actrices. Nos vindeiros días anunciarase a nova data. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1400740146637