Historias de 12 contadores e contadoras chegan a Pontevedra da man de Sete Falares entre o 8 e o 15 de xuño

Doze narradores de Galiza, Bretaña, Uruguai, Euskadi, Brasil, Colombia e Alacant ofrecerán relatos orais en escenarios como o Teatro Principal, Casa da Luz, Paraninfo do IES Valle-Inclán e Xardíns de Marescot, no festival Sete Falares.
Sete Falares
29 May 2025

Do 8 ao 15 de xuño, Pontevedra será sede de Sete Falares, o festival internacional de narración oral organizado por Pavís Pavós e o Concello de Pontevedra. Nesta cuarta edición participarán 12 contadores e contadoras chegados de:

Galiza (María da Pontragha, Caxoto, Charo Pita, Avelino González)

Bretaña (Bleuenn Le Friec)

Uruguai (Soledad Felloza)

Euskadi (Iñaki Carretero)

Brasil (Léla Mayer)

Colombia (Nelson Calderón)

Alacant (Raquel López)

Escenarios

Inauguración e clausura: Teatro Principal (entrada con venda anticipada en Ataquilla.com: 8 € / 4 € (estudantes, desempregadas, +65 aos))

Demais espectáculos: gratuitos en Casa da Luz, Parador, Paraninfo do IES Valle-Inclán, Xardíns de Marescot

Formato

Contadas individuais, a dúo e a tres

“Vieiro de historias” polos emprazamentos habituais

O edil de Cultura, Demetrio Gómez, subliñou que escoitar narración oral “é unha das cousas máis bonitas que pasan en Pontevedra”. O programa completo e as biografías están dispoñibles en setefalares.eu.

⚙ Configurar cookies
0.10665988922119