Leire Martínez, Xoel López e Ortiga incorpóranse ao cartel do Caudal Fest 2026

O festival suma tres novos nomes destacados para a súa edición do vindeiro setembro en Lugo
caudal-fest-2024
11 Dec 2025

O Caudal Fest continúa pechando a súa programación para a edición de 2026 cun reforzo de luxo. Tras anunciar hai uns días a incorporación de Ultraligera, unha das bandas máis en auge do panorama actual, a organización confirmou agora que Leire Martínez, Xoel López e Ortiga tamén formarán parte do cartel que se poderá gozar en Lugo os días 18 e 19 de setembro de 2026.

Xoel López, consolidado como unha das grandes referencias da música independente en España, chegará ao festival lucense cun directo no que se agarda unha proposta cargada de emoción e intensidade.

Pola súa banda, Leire Martínez, coñecida pola súa traxectoria como vocalista de La Oreja de Van Gogh, converteuse nunha das figuras máis apreciadas do pop en español. A súa participación no Caudal Fest promete momentos especialmente memorables para o público.

Ortiga, un dos proxectos máis dinámicos e celebrados da escena galega, achegará ao encontro musical unha boa dose de ritmo, enerxía e ese carácter festivo que se converteu na súa sinal de identidade. Con esta confirmación, o Caudal Fest 2026 continúa reforzando un cartel que apunta a ser un dos máis completos da súa historia.

⚙ Configurar cookies
0.24061489105225