Lugo reúne 80 especialistas nas 42 Xornadas Galegas de Medicina Física e Rehabilitación

O Pazo de San Marcos acolle desde esta tarde un encontro de dous días no que se abordarán os avances no tratamento da dor crónica, as lesións nerviosas e os problemas de mobilidade, entre outras cuestións
fachada-Deputación-de-Lugo-portada
12 Nov 2026

O Pazo de San Marcos de Lugo acolle esta tarde de xoves, 12 de novembro, as 42 Xornadas da Sociedade Galega de Medicina Física e Rehabilitación (SOGARMEF), que reúnen 80 persoas inscritas e especialistas procedentes de distintos centros sanitarios de Galicia. O encontro desenvolverase durante dous días e servirá para compartir coñecementos, experiencias clínicas e os últimos avances nesta especialidade médica.

O programa abordará cuestións de especial interese para os profesionais da rehabilitación, con atención destacada ao tratamento da dor crónica, as lesións dos nervios e os problemas de mobilidade. Tamén se analizarán novas técnicas para favorecer a recuperación das capacidades físicas, así como diferentes enfoques para atender pacientes con secuelas de lesións neurolóxicas, amputacións ou enfermidades que afectan os músculos e as articulacións.

As xornadas incluirán relatorios, mesas de debate e presentacións de investigacións, nas que os participantes poderán intercambiar coñecementos e experiencias. Entre os contidos figura o uso da ecografía para examinar os nervios e identificar lesións, así como novas ferramentas terapéuticas orientadas a aliviar a dor e mellorar a funcionalidade dos pacientes.

O encontro contará coa participación de profesionais de diferentes hospitais e áreas sanitarias galegas e estará centrado fundamentalmente no intercambio de coñecemento entre especialistas. A inauguración oficial terá lugar este venres, 13 de novembro, ás 11:30 horas, no Pazo de San Marcos, coa participación do deputado provincial Miguel Fernández Méndez.

0.78677296638489