Luis Menor entrega en Outomuro do Veliano de Honra 2026 a Emilio Carlos García Fernández

O presidente provincial participou no acto organizado pola Fundación Carlos Velo, onde destacou o labor do homenaxeado como catedrático e historiador do cinema
entrega-meliano-de-honra-emilio-carlos-garcia
5 Jul 2026

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor participou no acto de entrega do Veliano de Honra 2026 que nesta ocasión recoñece ao catedrático e historiador do cinema Emilio Carlos García Fernández a quen Luis Menor calificou como “embaixador excepcional de Ourense”. Durante a súa intervención, o presidente provincial definiu a concesión deste galardón como "un acto de xustiza coa nosa cultura" e loou o "sentimento ourensán" e o “orgullo de pertenza” que o homenaxeado mantivo firme ao longo de toda a súa carreira coa nosa provincia.

O presidente provincial salientou que falar de Emilio Carlos é falar dunha vida consagrada á cultura, á docencia e á investigación. "É un home que tivo a visión e a xenerosidade de comprender que o coñecemento cobra sentido cando se comparte e se sementa nas aulas", afirmou Luis Menor.

No acto, organizado pola Fundación Carlos Velo, o presidente provincial reafirmou o seu compromiso coa sétima arte como “piar estratéxico” da política cultural da Deputación como se ten demostrado a través de eventos tan consolidados como é o Festival de Cine de Ourense, lembrando que a Fundación foi “fundamental” para manter este evento cultural de referencia.

Así mesmo, Luis Menor fixo unha mención especial o labor "diario, rigoroso e apaixonado" da Fundación Carlos Velo, cualificándoa como o "custodio da nosa memoria cinematográfica e motor imprescindible para que o legado de Velo siga inspirando ás novas xeracións".

0.39752507209778