Luisa Sánchez asiste á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel en Vigo

O evento, celebrado no Teatro Salesianos, recadou fondos para apoiar a nenos e nenas con cancro e ás súas familias
VIII Gala Solidaria Bicos de Papel en Vigo
VIII Gala Solidaria Bicos de Papel en Vigo
17 Feb 2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, un evento celebrado no Teatro Salesianos de Vigo con motivo do Día Internacional da Loita contra o Cancro Infantil.

Organizada pola asociación Bicos de Papel, a gala tivo como obxectivo recadar fondos para os programas de apoio a familias con fillos e fillas en tratamento na Unidade Oncolóxica Pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O evento contou cunha variada programación de espectáculos a cargo de Cé Orquestra Pantasma, a Escola de Danza Media Punta, o mago Xulio Merino e A Sombra dos Soños.

O recadado durante a gala destinarase a programas de axuda e atención á infancia oncolóxica impulsados por Bicos de Papel, unha entidade que traballa para mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con cancro e as súas familias, ofrecéndolles apoio psicolóxico, social e educativo.

0.11838507652283