Luisa Sánchez clausura en Vigo o III Torneo Nacional de Debate

Torneo Nacional de Debate, un evento no que participaron equipos de diferentes puntos do país. A vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, foi a encargada de pechar o encontro, felicitando tanto aos participantes como á organización e aos equipos gañadores.
Durante a súa intervención, Sánchez subliñou a necesidade de fomentar espazos de debate nun contexto social marcado pola inmediatez e a desinformación:
“Vivimos na sociedade da inmediatez, do coñecemento mascado, dos contidos empaquetados, da crispación, da mentira e da desinformación. Agora máis que nunca é fundamental contar con ferramentas que nos permitan reflexionar e debater desde o diálogo, o respecto e coa verdade por diante”, destacou a vicepresidenta.
Ademais, quixo poñer en valor o alto nivel demostrado polos participantes:
“Felicítovos a todos e todas, porque o que vimos hoxe aquí foi exemplar”, engadiu.
O III Torneo Nacional de Debate contou coa participación de equipos procedentes de distintas comunidades autónomas, consolidándose como unha das citas máis relevantes do circuíto de debate académico en España.