Luisa Sánchez destaca a solidariedade dos Premios Cada Neno Un Xoguete

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, puxo en valor a solidariedade das persoas, entidades e empresas galardoadas na primeira edición dos Premios Cada Neno Un Xoguete, celebrada en Vigo.
Durante a súa intervención na gala, Sánchez destacou que estes premios nacen co obxectivo de recoñecer o compromiso social de compañías, colectivos e figuras destacadas durante o Nadal. A representante provincial agradeceu as achegas das persoas e entidades distinguidas, subliñando que “fan posible que a ilusión chegue a todos os fogares”.
“Grazas por estar, por sumar e por crer que cada neno e cada nena merecen un agasallo, si, pero sobre todo merecen saber que hai xente que pensa neles e nelas”, afirmou Luisa Sánchez durante o acto.
Na súa primeira edición, os Premios Cada Neno Un Xoguete recoñeceron a Iago Aspas, Miguel Costas, María Pérez, María José Mangas, Femxa, Froiz, Howden, Xpress Mensajeros, El Museo del Tiempo, Recalvi, Votorantim Cimentos, De Impresión Digital, o Centro Comercial Camelias e a Policía Portuaria, polo seu compromiso solidario e a súa colaboración para facer posible esta iniciativa.