Medio Rural reforza a coordinación coa UME na loita contra os incendios forestais

A Xunta e a Unidade Militar de Emerxencias fortalecen o traballo conxunto para mellorar as tarefas de extinción.
Incendios
17 Apr 2026

A Consellería do Medio Rural reforzou a súa coordinación coa Unidade Militar de Emerxencias (UME) na loita contra os incendios forestais, tras unha reunión mantida entre responsables de ambas institucións.

No encontro participaron o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, xunto co tenente coronel xefe do Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias, Pablo Samaniego, e o comandante xefe de Relacións Institucionais do batallón, Iván Fernández.

A reunión serviu para fortalecer o traballo conxunto entre o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia e a UME, especialmente no ámbito das tarefas de extinción.

Ambas partes destacaron a importancia da coordinación entre administracións e corpos operativos para facer fronte aos incendios forestais, optimizando recursos e mellorando a resposta ante situacións de emerxencia.

0.32536196708679