Monforte acolle este venres a obra A pluma viva de Rosalía

GaliciaXa
Este venres 21 de maio ás 18:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro terá lugar a obra A pluma viva de Rosalía.
obra teatro monforte
obra teatro monforte
18 Maio 2021

O teatro segue sendo protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no primeiro semestre do ano 2021, contando coas medidas de seguridade necesarias ante a covid19 para a realización de cada unha das actividades programadas.

Deste xeito, este venres 21 de maio ás 18:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro terá lugar a posta en escena da obra A pluma viva de Rosalía da compañía Os Quinquilláns. Trátase dunha obra dirixida a público familiar así como a nenos e nenas de máis de 9 anos, e da educación secundaria.

Esta actuación está programada pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

A representación é de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación, que establece un aforo máximo de 60 persoas. As entradas-invitacións repartiranse dende as 17:30 horas, e a entrada ó salón de actos da Casa da Cultura farase ás 17:50 horas.

Sinopse

A pluma viva de Rosalía, que está baseada nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro, é unha montaxe teatral sobre a igualdade e a liberdade seguindo textos da escritora.

No ano 1864 Rosalía de Castro visita unha imprenta en Lugo, catro textos brillantes, retranqueiros e satíricos da escritora están a punto de publicarse, pero nas oficinas da imprenta ten lugar un conflito violento e Rosalía vai descubrir que todo ten que ver con ela e a súa obra.

cartel obra teatro Monforte
0.17265200614929