Monforte celebra un curso coa Ribeira Sacra de protagonista

GaliciaXa
O curso levarase a cabo na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, dende o vindeiro luns 19 e ata o venres 23 de xullo.
ribeira sacra
ribeira sacra
18 Xul 2021

O Concello de Monforte acollerá a vindeira semana o segundo dos cursos de verán que este ano celebra a Universidade de Santiago de Compostela na cidade.

En concreto, o curso de verán leva por título A Ribeira Sacra: paisaxe, patrimonio, gastronomía e terra de viños e está organizado polo Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela e en colaboración co Concello de Monforte e a Deputación de Lugo. O curso celebrarase na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, dende o luns 19 e ata o venres 23 de xullo e está dirixido polo profesor Ignacio J. Díaz-Maroto Hidalgo.

O programa está composto por charlas e sesións lúdico-formativas a cargo de docentes, investigadores e profesionais de diversas áreas como son a cultura tradicional, a conservación do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, a paisaxe, a gastronomía e a viticultura.

Ademais das charlas formativas, tamén está previsto a realización dunha viaxe pola Ribeira Sacra, que incluirá a visita ó Ecomuseo de Arxeríz, ó museo de San Paio de Diomondi, percorrerase un tramo do Camiño de Inverno, tamén se visitarán dúas adegas da zona para realizar a correspondente cata de viños das últimas colleitas.

ribeira sacra cartel
0.13879680633545