Montserrat Casanova foi elixida secretaria xeral do PSdeG en Pastoriza

A Secretaría de Organización estará a cargo de Primitivo Iglesias Sierra e a Secretaría de Política Veciñal con José Corral Cabado
monserrat-casanova-pastoriza
24 Jun 2026

A Asemblea Extraordinaria da agrupación socialista de Pastoriza acordou a elección e constitución da nova Comisión Executiva Municipal, no marco do proceso de renovación e fortalecemento orgánico do PSdeG no ámbito local e provincial.

A militancia elixiu a Montserrat Casanova como nova secretaria xeral do PSdeG, unha responsabilidade que asume co obxectivo de reforzar o proxecto socialista no municipio, ampliar a participación da agrupación e traballar para acadar a alcaldía nas vindeiras municipais de 2027. Casanova será tamén a nova voceira socialista no Concello.

A Secretaría de Organización estará a cargo de Primitivo Iglesias Sierra e a Secretaría de Política Veciñal con José Corral Cabado

Dende a dirección provincial sinalan que este proceso vén contribuír á normalización da agrupación socialista no ámbito local e supón tamén unha aposta de futuro de cara ás eleccións municipais de 2027, reforzando o proxecto socialista da Pastoriza.

A nova etapa aproveitará a experiencia acumulada polo traballo e a xestión dos equipos anteriores, encabezados polo exalcalde socialista Primitivo Iglesias, ao tempo que incorpora novas persoas e novas propostas para o municipio. Deste xeito, o PSdeG inicia unha nova etapa orgánica coa vontade de fortalecer a agrupación local e preparar un

0.37301111221313