Movemento Sumar chama a unha esquerda unida "pola vivenda e contra a extrema dereita"

A organización anunciará o 19 de outubro as persoas que encabezarán as listas das catro provincias para "manter e ampliar a representación galega na fronte plurinacional"
A CORUÑA folga vivenda 03.10.2026
5 Oct 2026

Movemento Sumar Galicia–Fronte Ampla afronta a convocatoria de eleccións xerais cun chamamento á unidade da esquerda glega "pola vivenda e contra a extrema dereita". O seu secretario xeral, Paulo Carlos López, apela a construír unha candidatura ampla que permita "manter e ampliar a representación galega na fronte plurinacional" e impulsar unha nova maioría progresista.

"O que está en xogo é se a próxima lexislatura serve para garantir unha vivenda digna, reforzar os servizos públicos e ampliar dereitos, ou para abrirlles a porta aos recortes e á extrema dereita. Nós temos clara a prioridade, e é que a política responda ás necesidades da maioría social", sinala López. A organización aprobará este mércores, 7 de outubro, na súa Executiva, o regulamento para a elección das candidaturas. O texto será ratifi cado o venres, 9 de outubro, pola Coordinadora Nacional Galega. O proceso permitirá anunciar o 19 de outubro as persoas que encabezarán as listas pola Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Movemento Sumar Galicia–Fronte Ampla fai un chamamento expreso a Esquerda Unida, Verdes-Equo, Podemos Galicia e as candidaturas locais a "unirse á Fronte Ampla". A organización propón un espazo compartido, plural e con voz propia galega, que reúna as distintas sensibilidades da esquerda arredor de compromisos concretos.

"Chamamos a sumar con xenerosidade e responsabilidade. A xente que non pode pagar o alugueiro, quen agarda por unha cita médica ou quen traballa sen chegar a fi n de mes necesita unha esquerda unida e útil. Esa é a unidade que queremos construír", afi rma o secretario xeral.

López sitúa a vivenda como unha prioridade irrenunciable: "Un novo impulso progresista signifi ca frear a especulación, protexer a quen vive de alugueiro e ampliar o parque público de vivenda. Non podemos pedirlles paciencia a quen xa non pode esperar". "Somos a garantía dun novo impulso progresista. Queremos máis forza galega para facer avanzar os dereitos, para que gobernar signifi que transformar e para impedir que a extrema dereita decida o noso futuro", conclúe.

0.38940906524658