'Na veira do Miño' pasará a formar parte do Museo do Pobo Galego

Alí será unha peza clave da exposición-instalación Transfronteiriza, que se inaugura o 22 de outubro
cesion-cadro-na-beira-do-mino-de-castelao
20 Oct 2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou hoxe no Museo de Pontevedra o debuxo Na veira do Miño de Castelao, a lámina nº 39 do Álbum Nós, acompañado da artista e cineasta Diana Gonçalves.

Na veira do Miño vai saír en préstamo cara ao Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Alí será unha peza clave da exposición-instalación Transfronteiriza, que se inaugura o 22 de outubro e se poderá visitar ata o 28 de marzo de 2027.

Este proxecto de Diana Gonçalves céntrase na historia da Raia, a fronteira entre Galicia e Portugal, resultado de tres anos de investigación e creación. Esta é a primeira vez que se cede para unha exposición un dos debuxos orixinais do Álbum Nós, adquiridos pola Deputación para o Museo de Pontevedra en xaneiro de 2021.

0.33223390579224