O Ateneo celebra o domingo un obradoiro de postcrossing

O Ateneo Casino de Monforte celebra o domingo día 30 un obradoiro de postcrossing, unha plataforma internacional de intercambio de postais.
obradoiro ateneo monforte
29 May 2021

O Ateneo Casino de Monforte celebra o domingo 30 un obradoiro de postcrossing, unha plataforma internacional de intercambio de postais. Esta actividade ten que ver con Lois Pereiro, figura que se está a reivindicar dende o Ateneo no 25 aniversario do seu pasamento. 

No obradoiro, que comeza ás 17:00 horas, Diana Pastoriza introducirá ós asistentes á plataforma postcrossing ao tempo que falará das postais como canle de comunicación, obxecto de coleccionismo ou soporte para o deseño. 

O obradoiro terá un custo de 5€ para socios/as ou 10€ para non socios/as do  Ateneo Casino. Os asistentes recibirán cinco postais relacionados con Lois Pereiro que serán seladas e enviadas.  

Para a actividade é necesario reservar no teléfono 648 435 033,  preferiblemente mediante WhatsApp.

obradoiro ateneo
0.12270092964172