O Ateneo de Monforte presenta o libro Esgrafiados en la Ribeira Sacra

GaliciaXa
O Ateneo Casino de Monforte presenta o libro Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago, da investigadora Mar López Sotelo.
mar sotelo libro esgrafiados na ribeira sacra
11 Ago 2021

O Ateneo Casino de Monforte presenta o libro Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago, da investigadora Mar López Sotelo. O acto levarase a cabo o xoves 19 de agosto ás 20 horas e terá unha duración aproximada de unha hora.

O libro é froito dunha exhaustiva investigación rexistrando máis de 700 mostras desta técnica ornamental de fachadas e paredes. A autora vai unindo as pezas que permiten chegar á conclusión da existencia dun estilo galego propio de esgrafiado.

O esgrafiado fai uso dunha técnica ornamental que consiste en decorar os enlucidos ou revestimentos das fachadas mediante incisións cun grafio, para crear figuras ou formas ao retirar da parte máis superficial.

Así pois, o acceso é libre con previa reserva no teléfono 648 435 033.

0.1485550403595