O Camiño da Costa recibe o seu peregrino 100.000 tras outro verán cun incremento do 26%

Supera as 83.000 persoas e está a punto de alcanzar as 89.000 coas que pechou o ano 2025
peregrino-100000-camino-da-costa
15 Sep 2026

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o xefe territorial de Turismo, Felipe Ferrero, visitaron este martes o Albergue de Peregrinos “Juan Manuel López Chaves” para facer balance da afluencia de peregrinos este ano no Camiño Portugués da Costa.

Os representantes autonómicos, que recibiron a varios peregrinos de diferentes nacionalidades como Brasil ou Perú que realizan o itinerario xacobeo, destacaron o acerto do Goberno galego cando decidiu investir 1,8 millóns de euros para dotar á cidade do seu primeiro albergue público no Casco Vello.

Segundo explicou Ana Ortiz, a día de hoxe, un total de 83.366 camiñantes xa recolleron a súa compostela tras pasar por Vigo. “É unha cifra estratosférica, un 26 por cento máis que en 2025, cando houbo 90.000 peregrinos, pero quero incidir en que o dato real é moito maior, posto que hai centos que non recollen a súa acreditación no Bispado de Santiago”, apuntou.

Ademais, a delegada da Xunta destacou que “todo indica que pecharemos este ano superando a máxica cifra de 100.000”. Tamén indicou que o 80 por cento dos camiñantes que pasan por Vigo son estranxeiros (9.500 americanos, 9.200 italianos, 7.400 alemáns e 4.000 polacos). “Destaco isto porque falamos de peregrinos con alto poder adquisitivo que paran varios días en Vigo, nos nosos hoteis, comercios e restaurantes”, apuntou.

Ana Ortiz lembrou que desde que foi declarado oficial o Camiño Portugués da Costa, en maio de 2016, xa realizaron esta ruta máis de 353.000 persoas. “Creo que con iso queda todo dito da importancia e da potencialidade do trazado que pasa por Vigo, pero por desgraza temos que lamentar a negativa do alcalde Abel Caballero a sinalizar a ruta ao paso polas nosas rúas, o que provoca que numerosos peregrinos se perdan”, remachou.

O edificio do albergue foi inaugurado en xullo de 2021 e polas súas instalacións, que contan con seis plantas, xa pasaron máis de 53.000 peregrinos. A infraestrutura ten capacidade para unhas 90 persoas en 7 habitacións e dispón tamén de cociña, comedor, zona de ocio e aseos.

0.46088099479675