O Celta estrea un documental sobre a relación histórica do Carballiño co club

O audiovisual recolle testemuños da vila do Arenteiro e repasa a tradición polbeira xunto á vinculación deportiva coa entidade celeste
pulpo-a-feira-recurso
Imaxe de arquivo ilustrativa
10 Nov 2026

O Real Club Celta de Vigo presenta este xoves o documental titulado ‘O Carballiño: pulpo á feira, sangue Celta’, un proxecto audiovisual desenvolvido no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) do Carballiño.

A peza, producida por Celta Media, reúne as voces de distintos veciños do Carballiño e de persoas vinculadas ao mundo celeste para narrar a historia e as tradicións arredor das pulpeiras e pulpeiros da localidade, ademais de poñer en valor os vínculos que unen dende hai décadas esta vila ourensá co conxunto vigués.

Antes da súa estrea oficial, o documental xa tivo un primeiro adianto a pasada fin de semana, cando se proxectou o seu tráiler en Balaídos durante o encontro que enfrontou ao Celta co Levante.

O acto de presentación terá lugar este xoves ás 18.00 horas na sede do club, en Vigo. Á cita están convocados familiares de varios futbolistas carballiñeses que vestiron a camisola celeste e que deixaron pegada na historia da entidade, entre eles Herminio González e Cesáreo Rivera.

0.5512101650238