Turismo
Once establecementos hostaleiros participarán nunha nova edición de ‘Tapeando Carral’ do 4 ao 6 de decembro
A iniciativa ofrecerá propostas gastronómicas en locais de Carral, Tabeaio, Sergude e Cañás, ademais de premios para os participantes que completen diferentes percorridos
Xantar 2026 chega a Expourense con Portugal como país convidado e máis de 100 actividades gratuítas
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico abre as súas portas este xoves en Expourense e prolongarase ata o domingo, con entrada libre e un programa centrado no turismo enogastronómico compartido entre Galicia e o norte de Portugal
Amora Café Brunch gaña o certame Tapas de Outono de Cedeira
O establecemento, aberto hai poucos meses, conquistou o primeiro premio do público coa súa proposta de carrilleira ibérica sobre brioche e crema de castañas e cabaza
O Torre de Nuñez acolleu a presentación dos viños de Sanclodio e Emina
O encontro contou coa participación de Martín Alemparte, director da AGACAL, e reuniu profesionais do sector vitivinícola e gastronómico arredor das propostas de ambas as adegas
O antigo Torrente Ballester convertirase no Museo de Ferrol, con máis de 1.000 obras
A Xunta aprobou a creación do equipamento e as obras de renovación e restauración teñen prevista a súa finalización en decembro
O Fiadeiro reúne en Ribas de Sil proxectos de turismo e desenvolvemento rural o 21 e 22 de novembro
A cita terá lugar os días 21 e 22 de novembro en San Clodio, con inscrición gratuíta e prazo aberto ata o 16 de novembro
Torre de Núñez acolle a presentación dos viños das adegas Sanclodio e Emina
O acto celebrarase o luns 16 de novembro, ás 18:00 horas, no hotel lucense e contará coa participación de Martín Alemparte, director da AGACAL, e Carlos Moro, presidente de Bodegas Familiares Matarromera
Santiago prohibirá as tendas de souvenirs en boa parte da cidade histórica para protexer o comercio local
Mantense a prohibición de discotecas e salas de festas, mentres que outros establecementos, como pubs, karaokes e cafés-concerto, estarán suxeitos a unha avaliación técnica
O Celta estrea un documental sobre a relación histórica do Carballiño co club
O audiovisual recolle testemuños da vila do Arenteiro e repasa a tradición polbeira xunto á vinculación deportiva coa entidade celeste
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo presentará en Intur, por primeira vez, os recursos turísticos da provincia
A institución provincial participará do 13 ao 15 de novembro cun espazo propio na Feira Internacional de Turismo de Interior, en Valladolid, pola que o ano pasado pasaron 36.000 visitantes
Parada de Sil ultima os detalles da súa cita coa Pisa da Castaña en Purdeus
A parroquia repasa o programa da decimoterceira edición da festa, coa recreación do tradicional pisado, mercado de produtos locais e un xantar popular maridado con viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra
O PSdeG-PSOE de Leiro critica que a Xunta celebre un encontro institucional en San Clodio mentres o Spa do Viño segue pechado
Os socialistas reclaman a apertura inmediata da instalación turística e un plan de retorno económico e social para o municipio, tras un investimento público de máis dun millón de euros que, segundo denuncian, non se traduce en emprego nin actividade para a zona
Lugo leva o Arde Lucus ao INTUR de Valladolid
Un grupo de asociacións vinculadas á festa desprazarase ata a feira de turismo de interior para amosar, por primeira vez de forma directa, a recreación histórica lucense fóra de Galicia
A Coruña acollerá a primeira escala europea da regata do centenario do buque Juan Sebastián de Elcano
A cidade recibirá entre finais de maio e principios de xuño de 2027 unha frota internacional de grandes veleiros procedentes de Latinoamérica que acompañará ao buque escola na súa travesía conmemorativa
O PSOE de Ourense logra impulsar o turismo intelixente e un programa de inmersión en inglés para 3º da ESO
O pleno municipal respalda dúas propostas socialistas que buscan dixitalizar a oferta turística da cidade e poñer en marcha unha experiencia de inmersión lingüística dotada con 200.000 euros para o curso 2027
Quiroga prepara a súa primeira gran decoración nadalega coa colaboración de varios sectores locais
O proxecto busca converter distintos espazos públicos da localidade nun percorrido nadalego, coa implicación do comercio, o centro educativo e o colectivo de mulleres
O Tapéate volverá encher Ferrol de tapas do 12 ao 22 de novembro
A nova edición do certame gastronómico contará coa participación dos establecementos hostaleiros da cidade e repartirá 1.500 euros en premios entre o xurado e o público
Eventos
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Coñece a túa provincia finalizou a sexta edición cun récord de 3.000 excursionistas de máis de 100 asociacións
O programa de viaxes gratuítas dun día posto en marcha pola Deputación en 2021 contribuíu a dinamizar o territorio cinco meses do ano a través de 44 rutas xerais e 7 adaptadas
Modiña Summit reúne na Coruña o sector da moda para analizar os retos da industria
O encontro celebrará a súa cuarta edición os días 4 e 5 de novembro cun programa sobre emprendemento, intelixencia artificial, turismo e transformación do comercio
AMariñaXa
Os Obradoiros con Corazón abren novas prazas para cinco actividades artesás na Mariña
A elevada demanda levou á Mancomunidade a ampliar a programación, que se desenvolverá entre o 7 e o 15 de novembro con propostas de cerámica, kintsugi e creación de xoias
Folgoso do Courel celebra a XXXVII edición da súa Festa da Castaña con música, gastronomía e artesanía
O Concello acolle unha nova edición desta celebración declarada de interese turístico, con actividades repartidas entre varios días e unha xornada central chea de música, degustacións e concursos
O Concurso de Tapas de Lugo regresa en novembro con 37 propostas gastronómicas
A XXI edición celebrarase do 6 ao 22 de novembro e permitirá votar polas elaboracións favoritas, das que sairán as doce finalistas do certame
GaliciaXa
Galicia o epicentro da sostibilidade turística europea EN 2027 coa asamblea de NECSTouR
A celebración da próxima asemblea en Santiago de Compostela constituirá unha oportunidade para reforzar a súa presenza nos espazos europeos de cooperación turística
GaliciaXa
Lara Méndez acusa a Turismo de non executar o orzamento, no día que Merelles explica os investimentos previstos
A deputada do PSdeG advertiu do descenso do presuposto malia a que o vindeiro ano é xacobeo e criticou que, a falta de só dous meses, aínda non se coñeza a programación










