O Centro Galego de Arte Contemporánea exhibirá unha revisión do legado de Jannis Kounellis

A exposición, que poderá verse ata o 21 de febreiro de 2027, tense amosado primeiramente no centro museístico da capital de Mallorca, cuxo director é o comisario da mostra
jannis-kounellis
21 Sep 2026

A Xunta de Galicia inaugurará no Centro Galego de Arte Contemporánea o vindeiro venres, día 25, o proxecto artístico internacional Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes, unha exposición na que se revisa o legado dun dos creadores máis importantes do século XX e o máximo expoñente da coñecida Arte Povera, caracterizada polo emprego de materias desbotados e de refugallos, e que poderá verse nestas instalacións ata o 21 de febreiro de 2027.

Esta mostra internacional da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é resultado da colaboración entre o centro museístico autonómico coa Es Baluard Museu Dart Contemporani de Palma, cuxo director, o galego David Barro, é o comisario do proxecto. Por este motivo, exhibiuse primeiramente na capital de Mallorca, entre o 3 de decembro de 2025 e o 30 de agosto deste mesmo ano.

En todo caso, cómpre destacar que se trata dun iniciativa de carácter única e específica, xa que está deseñada e producida polos propios centros museísticos para súa exhibición nas súas respectivas instalacións e inclúe a publicación de 800 exemplares do catálogo da mostra. Ademais, supón tanto a primeira colaboración entre ambas dúas entidades artísticas, como a primeira exposición institucional nas Illas Baleares e en Galicia deste pintor, escultor e tamén creador vinculado á performance.

No entanto, débese precisar que a colección do Centro Galego de Arte Contemporánea xa posúe unha peza moi importante de Kounellis de carácter poético e que funciona co rastro do fume das chamas dunhas velas, mais a entidade pública nunca chegou a organizar nas súa salas unha mostra específica sobre este artista crucial da escena internacional da segunda metade do século XX.

Deste xeito, o proxecto Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes suporá poder gozar en Galicia dunha selección de obras do artista grego, procedentes de coleccións particulares españolas e internacionais, datadas entre 1993 e 2013.

0.35568690299988