O cineasta José Luis Guerín participará en Sober na proxección ao dunha das súas películas

O Concello organiza unha sesión gratuíta na Praza do Toural o 28 de xuño coa proxección de ‘Historias del Buen Valle’, coincidindo coa presenza do directos nun taller na Casa Grande de Rosende
historias-del-buen-valle-cine-de-veran-sober
16 Jun 2026

O director de cine José Luis Guerín participará en Sober nunha proxección ao aire libre dunha das súas obras, nunha actividade organizada polo Concello de Sober en colaboración con La Plantación.

A cita terá lugar o vindeiro 28 de xuño ás 21:30 horas na Praza do Toural, onde se instalará unha pantalla de grandes dimensións para a exhibición gratuíta da película Historias del Buen Valle.

O evento enmárcase dentro dunha programación especial aproveitando a estadía do cineasta na localidade, xa que Guerín permanecerá en Sober entre o 28 de xuño e o 3 de xullo para impartir un taller organizado por La Plantación. Esta actividade formativa desenvolverase na Casa Grande de Rosende e contará coa participación de asistentes procedentes de distintos países.

A película que se proxectará céntrase no barrio de Vallbona, na periferia de Barcelona, e retrata a vida dos seus veciños, os conflitos e os cambios dun espazo urbano no que conviven a súa herdanza rural e unha contorna cada vez máis urbanizada.

O filme conta con recoñecementos como o Premio Especial do Xurado e o XI Premio da Cooperación Española na 73ª edición do Festival de San Sebastián. O propio director, José Luis Guerín, está previsto que asista tamén como espectador á proxección na Praza do Toural.

La Plantación, entidade organizadora do taller, é un proxecto cultural con base en Galicia centrado na creación de encontros arredor das artes. O seu modelo baséase en sesións abertas entre creadores e persoas interesadas, profesionais ou non, co obxectivo de compartir reflexións sobre procesos e proxectos creativos.

0.32678389549255