O Concello de Ourense volverá a licitar en maio o contrato de limpeza viaria e recollida de lixo cun novo prego

O Concello de Ourense non recorrerá a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de la Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL) que anula a licitación do contrato de basura e limpeza viaria de Ourense e sacará a concurso un novo prego no mes de maio. O goberno municipal entende que esta vía é máis recomendable, xa que recorrer a resolución do tribunal daría lugar a un proceso xudicial que podería demorarse no tempo máis ca licitación dun novo contrato, polo que “sería peor o remedio ca a enfermidade”. O novo contrato, estiman, poderá saír a concurso no mes de maio, unha vez se complete a súa redacción e tramitación, que inclúe a elaboración dunha nova estrutura de custos, que se remitirá á Xunta de Galicia.
O goberno local entende que a anulación do prego licitado polo Concello debeuse a “unha neglixencia grande da consultora na que delegamos a súa elaboración. Preparou os pregos e, no último momento, a finais do mes de decembro, remitiunos unha comunicación na que nos dicía que era conveniente refacelos, a causa de varias resolucións do TACGAL relativas á necesidade de facer certos lotes no contrato”.
Neste escenario, o alcalde decidiu que era conveniente seguir adiante coa licitación, “primeiro para ver se tiñamos a razón ou non, xa que hai sentenzas doutros tribunais noutras cidades españolas nun sentido diferente ao desta resolución do TACGAL; pero sobre todo para poder testear o prego e detectar, se houbuse, outros posibles causas de impugnación ou erros coa finalidade de que o prego que se licite no mes de maio saia completamente limpo de erros e se poida completar a contratación do servizo”.
O goberno prevé que o novo contrato se licite no mes de maio. Antes se licitará o do servizo de autobuses, cuxo prego xa está redactado e en fase de informe de intervención.