O corte dun carril na PO-308 á altura da Granxa, en Sanxenxo, manterase de xeito diúrno

Se están realizando traballos de selado da fisura no firme da estrada
estrada-cortada-sanxenxo
7 Oct 2026

O servizo de conservación de estradas da Axencia Galega de Infraestruturas mantén desde hoxe o corte diúrno dun carril da PO-308 á altura da Granxa, en Sanxenxo, mentres se procede ao arranxo da fisura detectada no firme da estrada autonómica a consecuencia das intensas choivas do martes.

En concreto, tras as revisións realizadas, os traballos que se están a acometer consisten no selado das gretas da estrada e a mellora do sistema de drenaxe. Finalmente, procedeuse ao corte deste carril, regulándose o tráfico mediante paso alternativo e coa indicación de sinais. O corte manterase durante a xornada laboral mentres se executan as obras e posteriormente farase un seguimento das actualizacións realizadas.

0.38594698905945