O día 30 haberá unha visita guiada especial a Cova do Rei Cintolo

GaliciaXa
O vindeiro venres día 30 de xullo terá lugar unha visita guiada especial á Cova do Rei Cintolo. Esta visita será á zona do río da cova
COVA REI CINTOLO MONDONEDO
20 Xul 2021

O vindeiro venres día 30 de xullo terá lugar unha visita guiada especial á Cova do Rei Cintolo. Esta visita será á zona do río da cova co que esta actividade ocupará arredor de 3 horas.

As reservas para a mesma poden facerse en Oficina de Turismo de Mondoñedo, 982 507 177, e terán un custo de 30 euros. Haberá dúas quendas, unha pola mañá e outra pola tarde do citado día 30.

Por outra banda, dado que esta é unha visita máis longa e complexa, considérase preciso que as persoas que queiran visitala teñan unha forma física boa, xa que a dificultade da mesma é media-alta. Tamén indicar que a idade mínima para poder facer esta visita é de 18 anos.

A finalidade desta acción, que terá outra visita especial en agosto, é a posta en marcha dun novo percorrido a desenrolar a partir do ano 2022 que complemente o xa existente da Galería Central.

0.18412184715271